Rumboia #34: SonDeSeu

Rumboia #34: SonDeSeu

Mar | 20:00 | 20:11

SonDeSeu é unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea. O seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes e responsables das distintas seccións que abranguen gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada. Sondeseu naceu no ano 2001 no antigo departamento de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios, hoxe E-Trad, Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo. Dende entón leva unha traxectoria ascendente con cinco publicacións discográficas e numerosos recoñecementos públicos. Trastempo foi o seu primeiro traballo discográfico editado no ano 2007.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar