Rumboia #110:Luís Prego

Rumboia #110:Luís Prego

Mar | 20:30 | 20:41

'Para cantar e bailar' foi o primeiro traballo de Luís Prego en forma de libro-disco. Neste formato de gravación musical e vídeo engloba un total de 23 xogos e danzas tradicionais para desenvolver en colectivo, con partituras e explicacións das coreografías. Luís Prego é mestre de danza e música tradicional dende o 1989 e ten un extenso curriculo por ter participado en numerosas agrupacións, ademais de ser membro activo de grupos de música como Ardentía. Neste traballo, 'Para cantar e bailar' están presentes gran cantidade de xogos e divertimentos que tiñan os nosos pais, os nosos avós e demais antepasados e que conforman unha parte moi importante da nosa cultura de tradición oral.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar