Rumboia #116: Ialma

Rumboia #116: Ialma

Mar | 20:30 | 20:42

Ialma é un quinteto feminino. As súas integrantes, afincadas en Bélxica, interpretan temas tradicionais facendo adaptacións aos seu propio estilo.  O seu primeiro disco foi 'Palabras darei' (2000), que foi seguido de 'Marmuladas' (2002), no ano 2007 gravaron o traballo do que é obxecto este programa da Rumboia: ' Nova Era', os seguintes traballos serían 'Simbiose' (2011) e 'Camiño' (2016). O grupo Ialma está composto por Verónica Codesal, Magali Menéndez, Natalia Codesal e Marisol Palomo. Nos directos contan tamén con Didier Laloy ao acordeón diatónico e Quentin Dujardin na guitarra e dirección artística, que tamén é o responsable da produción e dos arranxos do disco.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar