Rumboia #112: Arco da Vella

Rumboia #112: Arco da Vella

Mar | 20:30 | 20:43

Este grupo ourensán de ampla traxectoria, malia que pouco coñecido fóra do seu contorno, deixou catro traballos publicados ate a súa disolución: 'Na noite', (Edigal, 1986), 'Xingra', (Edigal, 1990), 'Abuña Copo', (Sons Galiza, 1995) e 'Ñáñaras', (Sons Galiza, 1999). Encadrados na corrente new age que durante a década dos noventa tivo certo suceso entre as formacións folquis en toda Europa, Arco da Vella cumpren os cánons de todos os grupos seguidores da tendencia “nova era”; así os sintetizadores como eficaz instrumento para a recreación de ambientes, combinados neste grupo con outros temas onde a percusión leva a voz cantante, e o amplo abano de instrumentos empregados, sen medo á hora de experimentar e pescudar nas máis variadas fontes, convértenos nunha alternativa idónea para exemplificar a pegada destas tendencias no panorama folk galego. o líder da formación, Manuel Brañas, pasaría despois a formar Brañas Folk.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar