Rumboia #36: Tear de Llerena

Rumboia #36: Tear de Llerena

Mar | 20:00 | 20:11

O grupo de Pandereteiros O Tear de Llerena xurde como formación estable dende o ano 2001. A traverso dela van dando a coñecer parte do importante Arquivo de Tradición Oral que se vai confeccionando dentro da asociación dende a súa creación. No ano 2005, os Pandereteiros d’O Tear de Llerena editarán a súa primeira gravación de estudo, titulada "...a Jennifer..." (Edicións Falcatruada 2005). Inclúe seis temas nos que a verdadeira protagonista é a voz -masculina neste caso-, acompañada de pandeiretas, latón, tixola, gaita e mesmo zanfona. Contén fundamentalmente cantares para o baile, agarrados ou soltos, extraídos todos eles do propio arquivo do grupo, e procedentes de diversas zonas da Galiza coma Beariz (Ourense), O Morrazo, Mondariz ou Terra de Montes (Pontevedra).

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar