Rumboia #173: Nova Galega de Danza

Rumboia #173: Nova Galega de Danza

Mar | 20:30 | 20:42

Nova Galega de Danza fusiona en vivo danza e música de raíz galega, tradición e vangarda con vocación universal. Esta compañía comezou a súa traxectoria en maio do 2003 coa estrea de 'Alento', o seu primeiro espectáculo. O desexado proxecto dos directores artísticos e coreógrafos Vicente Colomer e Jaime Pablo Díaz, xunto co músico e compositor Xosé Lois Romero, vía por fin a luz despois de varios anos de traballo na sombra.  A edición en CD a finais do ano 2005 das músicas do espectáculo, obtivo o Premio Opinión ao Mellor Disco Galego daquel ano, a distinción de Mellor Disco de Folk para revísta Efe- eme e a candidatura aos premios da Academia da Música no apartado de Mellor Canción en Galego.

Rumboia

Martes ás 19.00 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar