Rumboia #211: A Roda

Rumboia #211: A Roda

Mér | 12:00 | 12:11

A Roda naceu no 1977 dun grupo de amigos que se xuntaba arredor dunha mesa, facendo a roda que lles dá nome. O primeiro traballo, homónimo, 'A roda' converteuse nun supervendas e é aínda hoxe un dos clásicos da música galega; con el gañaron o favor do público e conseguiron o Premio da Crítica Galega.

Dous anos despois, gravaron o segundo disco, ‘Falemos galego’, un disco no que se incluían as coñecidas pezas: 'Foliada do Celta' e 'Falemos galego'. A Roda sempre foi un grupo comprometido coa lingua propia de Galicia e co seu disco 'Falemos galego' impulsou a finais dos anos 70 a mellor campaña de dinamización lingüística feita desde o eido musical.

Na súa longa traxectoria, A Roda deu centos de concertos, tanto en Galicia como fóra, obtivo numerosos premios, como a Medalla Castelao e publicaron preto de vinte discos. Na actualidade, A Roda ampliou o horizonte das suas posibilidades, tanto no campo instrumental como compositivo, concedendo espazo a súa propia creatividade, composicions, melodías instrumentais e musicalización de poemas, entre outros. 

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar