Rumboia #216: A Nosa Arina

Rumboia #216: A Nosa Arina

Mar | 19:00 | 19:12

'A nosa Arina' foi o resultado dunha amizade que comezou coa harmónica de Arina Stam, as trompas galegas de Che Vázquez e Francis Olivier nun festival de Pardiñas de Guitiriz. Un verán, en terras de Luaña, Arina foi co desexo e compromiso de gravar unha peza con harmónica e trompas para unha publicación dos Países Baixos.

A peza gravouse: a muiñeira de Coia. O resultado foi tan sorprendente que tiveron claro que o seguinte paso era un disco. O verán seguinte puxéronse coa selección do repertorio tradicional, cos ensaios e as gravacións. A edición alongouse en tempo e sobreveu a enfermidade de Arina e o seu falecemento. "Así quedaron Che Vázquez e Francis Olivier con este proxecto, o material e a oblicación e desexo de terminar o camiño andado que podía ser doutra forma que cun disco de amigos para os amigos".

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar