Rumboia #179: Xurxo Jachía

Rumboia #179: Xurxo Jachía

Mar | 20:30 | 20:42

Xurxo García, máis coñecido como Xurxo Jachía é, gaiteiro, músico e profesor. Naceu en Comesaña,Vigo. Iniciouse no mundo da gaita cando era un rapaz, da man do seu mestre Juan Troncoso, posteriromente continuou a súa formación con outros mestres como Secundino Pérez Sanromán e con Nazario González, Moxenas. 

Xurxo Jachía dirixe e dirixiu numerosas escolas, grupos e bandas de gaitas, e actualmente, entre outros, é o director de GaitaCía Ácido Folclórico, un grupo de compañeiros e amigos que fixeron posible 'Ácido folclórico', gravado en vivo sen arranxos nen atavíos. Neste traballo  presentanse 20 pezas para gaita galega, compostas e gravadas polo propio gaiteiro e o seu grupo GaitaCia. Ton e Son Editorial e ChisPún! Estudios produciron esta publicación en formato libro/CD, incluindo transcricións das pezas para dúo de gaitas e solista.

 

Rumboia

Martes ás 19.00 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar