Rumboia #26: Linho do Cuco

Rumboia #26: Linho do Cuco

Mar | 20:00 | 20:10

Linho do Cuco é un grupo lalinense de música contundente. Oito músicos profesionais que nos ofrecen un concerto para escoitar e bailar. Música tribal galega mesturada coa sonoridade dunha orquestina paneuropea. Bombo, tambor, pandeiretas, gaita, acordeón, zanfona, oboe, frauta… e oito guapísimos mozos rebordando clase e enerxía sobre o palco. O traballo 'As alegrías' sae á luz no ano 2013 e naquel momento Linho do cuco son: Pablo Bernárdez (zanfona), Xián Herrera (gaita, pratos e piano de xoguete), Pablo Doval (tuba), Miguel Touriño (bombo), Pablo Pardo (frautas), Marcos Pérez (percusión), Carlos Quintá (acordeón diatónico) e Benxamín Otero (oboe e corno inglés).

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar