Rumboia #198: Arxe

Rumboia #198: Arxe

Mar | 19:00 | 19:13

O grupo vigués Arxe fai unha viaxe inspirador polas músicas galegas de raíz a través dos sentidos, conectando coa enerxía e a tradición dos antepasados, coa súa música e os seus cantares. Utilizan a música de raíz combinada coa de autor para crear o seu propio selo en xotas, rumbas, muiñeiras...

É Arxe, madeira, o elemento principal dos seus instrumentos e que lles dá nome, un vocábulo rescatado das extintas xergas gremiais o que lles une á terra e a tradición, establecendo a través da música, unha conexión entre o espectador e a riqueza do folclore galego.

Rumboia

Martes ás 19.00 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar