Rumboia #189: Orquestra Os Modernos

Rumboia #189: Orquestra Os Modernos

Mar | 19:00 | 19:13

A Orquestra Os Modernos nace no ano 2010 da man de Alonso Caxade, Lois Mouriño, Joám Casas, Xosé Tunhas, Carlos Osorio e Manolo Guldrís coa intención de imaxinar como podería ter sido un estilo de música que xuntara a música tradicional, a música propia das bandas populares e as músicas foráneas que estaban de moda nos anos 20.

O resultado foi unha orquestina na que os instrumentos que soaban eran o bombardino, o saxofón, o clarinete, a gaita, a caixa e o bombo con pratos. E as músicas que se escoitaban, todas elas de carácter bailable iban desde muinheiras , xotas e pasodobres ata ritmos foráneos coma o foxtrot, a rumba, o charleston ou a habanera, todo elo con grandes pinceladas de humor e interacción co público.

No 2012 sumouse a voz e a interpretación de Iria Pinheiro, no papel de cantante e diva glamurosa, engadindo ao apartado musical grandes doses de espectáculo cabareteiro e humor. Posteriormente hai varios cambiosque inflúen notablemente no son e no estilo. En 2015 gravan o que sería o seu único traballo discográfico chamado 'Dissimulem', no que se recollen as músicas que ata de aquela a Orquestra levaba interpretando por toda Galiza.

No ano 2016 a Orquestra Os Modernos recibe o Premio Martín Códax da Música na categoría de Orquestras e Música de Verbena, o que supón un importante galardón á súa contribución á música de baile con raíz tradicional.

Rumboia

Martes ás 19.00 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar