Rumboia #24: Miro Casabella

Rumboia #24: Miro Casabella

Mar | 20:00 | 20:08

Dos anos de Voces Ceibes, resoa o canto cheo de rexistros, timbrado como un río insurxente, de Miro Casabella, artista altivo, inspiración sabia, que ía e viña da balada ao folc con tempo para a canción belixerante xunguida ao carro popular. No ano 2003 saia a luz neste Orvallo. Este disco é unha mostra posible; unha de tantas como pode dar e terá de darnos o cantante do Valadouro. Nesta entrega viaxamos con Miro Casabella - voz lizgaira, concepto meridiano polos camiños do folclore, pola esencia rosaliana revisitada, por poetas belixerantes e ben telúricos.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar