Rumboia #156: Bonovo

Rumboia #156: Bonovo

Mar | 20:30 | 20:44

Bonovo é un grupo  galego  autodenominado de folk electroacústico que comezou a súa andaina no ano 2007 como un proxecto musical co propósito de colmar as inquedanzas de tres músicos na procura dunha nova sonoridade. Os integrantes de Bonovo son:Pulpiño Viascón,
Roberto Grandal e Óscar Fernández.

A esencia dos sons acústicos salseados con tecnoloxía de vangarda, quere romper barreiras co establecido, explorando alén do coñecido as posibilidades de tres instrumentos tan polivalentes como a zanfona, o acordeón e a batería. Un camiño na busca dun son que non entende de etiquetas, que ten como principio fundamental a fusión de tres instrumentos e tres personalidades de seu, nunha simbiose musical imprevisíble

Co seu álbum debut homónimo, o trío Bonovo presenta unha importante actualización do son galego no que os ritmos e a produción bailables están absolutamente actualizados, mentres que as cancións volven ao pasado como poucas veces. Mesmo se usan melodías do século XV. Bonovo propón un espectáculo inquedo, cun ritmo frenético e bailable, que non deixa a ninguén indiferente.

Rumboia

Martes ás 19.00 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar