Rumboia #63: A Quenlla

Rumboia #63: A Quenlla

Mar | 20:30 | 20:40

A Quenlla naceu en 1984. Liderada por Mini e Mero, esta formación pretendía continuar no mundo da música e da palabra logo da primeira experiencia con Fuxan os Ventos. Deste xeito, quixeron crear unha nova agrupación para dinamizar -coma suma de vontades e un xeito específico de facer- a Cultura Galega e, de xeito especial, a canción. O disco  'Na boca unha cantiga' foi publicado no ano 2009 e mantense a liña do grupo baseada en adoptar unha postura crítica e un compromiso diante dos acontecementos, é o que move a A Quenlla, que non canta por cantar, senón que o fai para expresa-lo seu propio punto de vista. 

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar