Rumboia #172: Daniel Fernández López

Rumboia #172: Daniel Fernández López

Mar | 20:30 | 20:41

Daniel Fernández López grava no ano 2020 o seu primeiro traballo en solitario co nome de 'Taninanina'. Este disco xorde tras acadar o primeiro premio á excelencia musical no ano anterior. No cd conxúganse tres xeitos de entender o estudo da gaita, e por tanto da música tradicional, a reinterpretación, a composición e a interpretación de clásicos universais. Daniel Fernández ten a dobre vertente de gaiteiro, polos seus inicios na formación e tamén todos os aspectos que abarcan os estudos académicos na especialidade do grao superior na música tradicional galega. En 'Tainanina' está acompañado por dúas mulleres: Paula Fernández como acordeonista e Uxía Diz na voz, o tamboril e a pandeira.

Rumboia

Martes ás 19.00 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar