Rumboia #35: Zoelas

Rumboia #35: Zoelas

Mar | 20:00 | 20:08

Zoelas nace na comarca da Ulloa, o xermolo do colectivo sitúase na Asociación Fiadeira, da que forman parte as integrantes de Zoelas. O nome é collido daquela tribu prerromana que habitaba a zona noroeste da península. Un matriarcado cuxos valores serven ao grupo de inspiración para moitas das súas composicións.

Bea García, Érica García, Carmela Mariño, Pilar Naveira, María Bouzas e Patricia Coucheiro deciden xuntar inquietudes musicais para dar lugar a Zoelas, proxecto no que misturan as raíces do canto tradicional con melodías doutros estilos musicais e letras propias convivindo con coplas recollidas. Voces femininas ben acompañadas por Bruno Villamor á requinta, gaita e zanfona; Miguel Varela á percusión e Michel Rivadulla á guitarra e ao acordeón. No 2018 publican o seu primeiro traballo discográfico Evelaités.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar