Rumboia #21: Álvaro Iglesias

Rumboia #21: Álvaro Iglesias

Mar | 20:00 | 20:10

A ópera prima do contrabaixista galego Álvaro Iglesias, que leva o título de "Alma" podémola escoitar e sentir con tesitura grave na vibración das cordas fregadas ou pulsadas ao longo dos seus dez temas. Álvaro Iglesias percorreu unha traxectoria artística extensa e intensa de vinte anos, desde que a partir da súa formación clásica, desenvolveu a súa carreira na música tradicional. Formou parte de bandas como la de Carlos Núñez, Faltriqueira ou Pancho Álvarez e agora, presenta o seu propio traballo no que o baixo é o instrumento principal e no que interpreta temas da música tradicional galega.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar