Rumboia #194: O Chupacabras

Rumboia #194: O Chupacabras

Mar | 19:00 | 19:11

No ano 2003 os gaiteiros David Bellas García e Xesús Riveira Campillo fundan o cuarteto 'O Chupacabras' coa finalidade de presentarse a concursos e dar a coñecer pezas da súa propia autoría. Despois duns anos de parón, o cuarteto retoma o traballo co mesmo nome pero con diferente formación no ano 2007, contando na percusión con Rafa Crespo Crespo e Cristian Silva Bóveda.

Esta volta ven en parte provocada pola coincidencia dos membros do grupo no departamento de música tradicional do Conservatorio Superior de Vigo. Aparte de en numerosos certames e festivais, teñen participado en audicións didácticas para alumnos de ESO e Bachiller. O seu estilo caracterízase pola sutilidade e emprego de novas armonías en arranxos de pezas típicas do repertorio tradicional, así como en pezas de autor ou da súa propia colleita, conseguindo combinar gaitas e a percusión nunha sola idea musical.

Rumboia

Martes ás 19.00 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar