Rumboia #59: Cantares do Brión

Rumboia #59: Cantares do Brión

Mar | 20:10 | 20:20

Cantares do Brión é un coro galego con catro cordas de canto e con acompañamento instrumental. Conta con seccións de baile e de teatro. Ten a súa sede no Centro Cultural de Vincios (Gondomar), no Val Miñor. O coro constituíuse formalmente en marzo de 2010. Recoñécese continuador dos coros tradicionais que a finais do século XIX e comezos do XX resultaron fundamentais para o rexurdimento da cultura galega. Baixo a dirección de Pablo Rial Salgueiro e presidido por Xosé Manuel García Crego, o Coro Tradicional Cantares do Brión está integrado na actualidade por 65 persoas, a maioría delas do Val Miñor, fundamentalmente da parroquia de Vincios, pero tamén doutras comarcas como O Condado, Baixo Miño, Pontevedra ou Vigo. No ano 2018 editaron o seu segundo traballo discográfico 'A Raís'.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar