Rumboia #187: Maghúa
Mar | 20:30 | 20:43
No outono do 2009 constituíronse como Asociación Cultural Maghúa, o que lles permitiu ampliar o seu campo de acción e realizar concertos en numerosos lugares de toda Galicia, no resto de España, Portugal ou Xenebra; puideron organizar cursos e os obradoiros Maghúa de folclore galego, nos que se impartían as disciplinas de canto tradicional, baile galego, gaita galega, percusión tradicional ou pasamanaría.
Logo de publicar 'Corricán', no 2014 presentaron o seu segundo traballo discográfico: 'Matria', unha viaxe no tempo con once temas tradicionais recuperados de mulleres, nos que os componentes de Maghúa encarnan a tradición coas súas voces e percusión.