Rumboia #72: Cantigas da Terra

Rumboia #72: Cantigas da Terra

Mar | 20:30 | 20:41

No ano 2016 e con motivo do seu centanario, a coral de Cantigas da Terra edita o seu disco 'Espírito'. Coa creación das Irmandades da Fala, o primeiro nacionalismo precisa pragmatizar os seus ideais de recuperación da identidade propia, promovendo así o uso público da lingua galega. Con tal fin nace Cantigas da Terra (A Coruña, 28-12-1916). A proposta artística do coro combina as voces cos instrumentos, o baile e o teatro autóctonos, creando unha paisaxe emocional que nos identifica como galegos. Ademais, a entidade traballa na recuperación do espazo que lle é propio dentro do país, no uso normal do noso idioma e na interrelación entre as distintas disciplinas culturais, cumprindo o desexo dos fundadores.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar