Rumboia #142: Asociación de Gaiteir@s Galeg@s

Rumboia #142: Asociación de Gaiteir@s Galeg@s

Mar | 20:30 | 20:43

'Pelo gato 24' é un traballo feito dende a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, coa idea de divulgar a tradición galega e darlle a importancia que se merece. O tema deste traballo son algunhas das tradicións da infancia: os xogos e as cantigas. Está feito pensando neles, pero  tamén para os pais e os mestres. 

Inclúe libro, CD e DVD. O disco consta de trece cantigas tradicionais baixo a dirección musical de Paulo Nogueira e Magoia Bodega. Foron interpretadas por  Leilía, Fuxan os Ventos, Migallas, Xabier Díaz, Mercedes Arribe, Sonia Lebedynski, Sra. Carmen, Xurxo Souto, César Longa, Begoña Riobó, Pancho Álvarez, Segundo Grandío, Xosé Liz e a charanga Vai de Baile. O víde inclúe un docufilm dirixido por Pablo Carpintero e Gustavo Couto sobre os xogos tradicionais; un 'Como se fixo' e os videoclips e playbacks das cantigas.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar