Rumboia #43: PelePau

Rumboia #43: PelePau

Mar | 20:00 | 20:10

Pelepau nacen en Vigo, no ano 2010, formado por 12 percusionistas todos eles mestres en escolas e agrupacións de música e danza tradicional galega e de reconocida traxectoria no panorama musical galego. 'Fío e agulla' é o título do seu primeiro e ata agora único disco que vén de ser editado no ano 2016. O grupo Pelepau interpreta cantigas populares adaptadas para as voces e percusións tradicionais cunha posta en escea dinámica e en constante interacción co público. Un percorrido pola música popular galega, misturada e influenciada polos ritmos tradicionais doutras culturas que viñeron da man dos emigrantes retornados e que ainda conviven na colectividade.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar