Rumboia #27: Fiandola

Rumboia #27: Fiandola

Mar | 20:00 | 20:09

Fiandola ten editados varios traballos discográficos entre eles, "Bricania" (2005), "Mimá!" (2011) e "Volta e media" (2014). A súa aposta é a transformación e interiorización da música de raíz de Galicia que se plasma nun modo particular de interpretar esta música e de compoñer novas melodías. Fiandola presenta un repertorio orientado ao baile e ao directo e que se nutre do traballo de campo desenvolvido polos membros do grupo, polos cancioneiros e arquivos dispoñibles e polo traballos de composición e arranxos que eles mesmos elaboran ou por melodías doutros compositores galegos.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar