Rumboia #201: Virandeira Folk

Rumboia #201: Virandeira Folk

Mar | 19:00 | 19:11

Na primavera de 2010 botou a andar no barrio vigués de Zamáns un proxecto musical con sabor galego:  Virandeira Folk. Unha banda de folk fusión que aposta pola mestura de xénero, estilos e sons. Unha música  ecléctica que é aceno de identidade do grupo e que xorde directamente da variedade de influencias dos seus integrantes. A banda viguesa tivo o seu debut discográfico en 2021 con 'Sons do Atlántico' e en 2015  Virandeira Folk proseguía a súa andaina polo panorama musical galego co seu segundo disco 'Metamorfose'. Actuaron en innumerables festivais e concertos, dentro e fóra de Galicia, ata a súa disolución en 2020.

Rumboia

Martes ás 19.00 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar