Rumboia #102: Os Minhotos

Rumboia #102: Os Minhotos

Mar | 20:30 | 20:42

Os Minhotos editan no ano 2013 o seu primeiro disco Pinga D´Auga. Unha proposta musical instrumental que recolle temas nos que se mesturan os temas tradicionais cos de autor e tamén arranxos de temas recollidos nos cancioneiros. A filosofía do grupo é tratar de aportar unha pinga de auga ao mar da música galega vertendo nos ríos do son a súa estética.  No momento da gravación deste disco, Os Minhotos estaba formado por Paula Fernández, Xaneco Tubío, Alberto Castro, Bruno Villamor e Vitor Otero. Un grupo formado por persoas que sempre estiveron moi ligadas á música tradicional e ao traballo nas asociacións culturais

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar