Rumboia #128: Pesdelán

Rumboia #128: Pesdelán

Mar | 20:30 | 20:40

O grupo Pesdelán xorde no ano 2008 da unión de reputados músicos, bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal. O seu repertorio abrangue temas tradicionais galegos e portugueses arranxados de xeito orixinal e divertido. No ano 2010 publican o seu primerio traballo discográfico 'Na punta do pe', cun obxectivo moi claro: que o público baile!

Pesdelán é moito máis que un grupo de música: mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos, pretende recuperar o espírito participativo das festas. Unha proposta novidosa e atrevida cunha dobre finalidade: substituír o concepto de público espectador polo de público participante, e como non, pasalo ben.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar