Rumboia #31: Anamoura

Rumboia #31: Anamoura

Mar | 20:00 | 21:07

Este trío folk formado por Mª Xosé López, Paco Barreiro e Emilio Pichel xurde no ano 1994 e editan no 2000 o que sería o seu único disco 'A chave do cerne', (Edicións do Cumio, 2000).  Destaca en Anamoura importancia que ten a voz, presente en practicamente todas as composicións, tradicionais ou do propio grupo, e o protagonismo dunha zanfona tocada con mestría por Mª Xosé. Abriron un novo vieiro na música galega, coa guitarra e mais a zanfona colocadas na posición senlleira que adoitan reservar para a gaita os máis dos grupos galegos.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar