Rumboia #119: Beladona

Rumboia #119: Beladona

Mar | 20:30 | 20:43

Grupo creado en Vigo no 1993 chegou a editar, naquela época, dous traballos discográficos, 'Para brincar no rueiro' (Edicións do Cumio, 1996) compartido cos grupos Ardentía e Crema de Gaita e 'Bicos de sol' (Zouma Records, 2000), disco onde Fran Gómez, Jorge Juncal, Javier Abad xunto a Xosé Liz e Daniel Vilar, que compaxinaban Beladona coa pertenza ao grupo folc-rock  Salterium máis a voz de Elena Paz despregaron toda a súa calidade. O disco contou ademais coa colaboración do programador Iván Laxe, ex-compoñente dos grupos Nordés e Skornabois. Porén, o proxecto non callou e o grupo desfíxose, continuando os seus compoñentes a súa andaina por camiños diferentes. No ano 2011 Beladona xuntaríase de novo, cun menor número de compoñentes, e  editaría o seu, ata agora último traballo, 'Branco Roto'.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar