Rumboia #114:  Brisas do río Ulla

Rumboia #114: Brisas do río Ulla

Mar | 20:30 | 20:42

O grupo Brisas do río Ulla foi fundado por Agustín Lorenzo Loroño, 'O ghaiteiro de Catoira', en 1928. A partir de entón e ata a súa morte, ocorrida no transcurso dunha alborada na súa propia vila, en setembro do 1997, a música deste gaiteiro acompañou o decorrer das augas do río que dá nome ao seu grupo. Tras a súa morte, o seu fillo Agustín continuou co grupo de xeito activo ata os nosos días. Esta gravación foi feita en estudio nos anos 2008 e 2009, pola formación de Brisas do río Ulla que continúa, xa no s.XXI, o labor emprendido polo seu fundador, nacido case cen anos atrás.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar