Rumboia #87: Cántigas e Frores

Rumboia #87: Cántigas e Frores

Mar | 20:30 | 20:45

A Asociación Cultural Cántigas e Frores foi creada no ano 1948 como unión das agrupacións Frores e Silveiras e Cantigas e Aturuxos. Dende esta época a Asociación Cultural “Cantigas e Frores” estivo e está vencellada á dinamización da vida cultural lucense. No ano 2018 editan o libro-disco '70 anos' para conmemorar este aniversario. A gravación foi feita polas diferentes formacións que compoñen a parte música de Cántigas e Frores: Banda de Gaitas, Murga, Coro Galego e os Grupos de Cantareiros e de Cantareiras. O libro disco recolle unha mostra de temas do repertorio que Cántigas e Frores acumulou nas diferentes etapas, ademais dunha importante colección fotográfica e información sobre a historia desta agrupación lucense.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar