Rumboia #98: Airiños de Orbazai

Rumboia #98: Airiños de Orbazai

Mar | 20:30 | 20:43

Alá polo verán do 2010, reunese un grupo de veciños/as da parroquia de Orbazai (concello de Lugo), para cantar e tocar pezas do folclore galego; o que nun principio non deixa de ser unha anécdota casi sin importancia, vaise fortalecendo ó motivar a outros integrantes da aldea que se queren unir ós primeiros, para poder pasar un bó rato con eles. Nace así a agrupación Airiños de Orbazai. Debido a boa acollida que ten no lugar, danse conta de que teñen  que medrar musicalmente, organizando na casa sociocultural cursos de canto,gaita,percusión e baile, actividades que realizan con unha ilusión e traballo incrible, e no ano 2014 publican o disco 'Pasos do Mera'.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar