Rumboia #186: Galicia Fiddle Orquestra

Rumboia #186: Galicia Fiddle Orquestra

Mar | 20:30 | 20:42

A asociación Galicia Fiddle ten como obxectivo promover o emprego dos instrumentos de corda na música tradicional galega, principalmente o violín folk. Naceu entre Vigo e Xustáns, grazas a paixón e a dedicación de Alfonso Franco, que aglutinou ao seu redor a un grupo de profesores e alumnos da Etrad, Escola Municipal de Música Tradicional e Folk de Vigo.

A principal actividade da asociación é a de organizar cursos cos mellores mestres de todo o mundo, así como a organización do campamento de verán San Simón Fiddle destinado aos nenos e que ten como obxectivo crear en Galicia unha nova xeración de violinistas e chelistas que toquen música popular.

De estos campamentos naceu a Orquestra Galicia Fiddle, composta por máis de 30 rapaces, procedentes na súa maioría do sur de Pontevedra, que tocan violín, violonchelo e guitarra, e que na compaña dos seus mestres forman unha agrupación de corda de música popular galega. No ano 2018 gravaron o traballo discográfico 'Acorle'.

Rumboia

Martes ás 19.00 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar