Rumboia 147: Cantigas e Agarimos

Rumboia 147: Cantigas e Agarimos

Mar | 20:30 | 20:43

A Agrupación Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela tivo os seus inicios na Coral Queixumes dos Pinos. No ano 1921 pasou a ter a actual denominación e é unha das agrupacións históricas do folclore galego. Hoxe en día, Cantigas e Agarimos busca achegar ao público toda a bagaxe das tradicións que configuran o sentir galego, articulando unespectáculo de calidade, no que tenta trasladar no tempo ao espectador, levándoo nunha viaxe imaxinaria polas raizames.

A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos está composta por máis de 80 membros, distribuídos en seccións: coro, baile, pandeireta e instrumental. 'O corazón aberto' (2018) é o último traballo discográfico. Inclúe catorce temas de tres das seccións que conforman a agrupación. Son todas pezas tradicionais que foron extraídas do extenso arquivo de Cantigas. O disco está dedicado á memoria de Luís Porteiro Garea ao cumprirse cen anos do seu falecemento.

Rumboia

Martes ás 19.00 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar