Rumboia #121: Bate Certo

Rumboia #121: Bate Certo

Mar | 20:30 | 20:43

O grupo ourensán Barte Certo editou no ano 2001 o seu primeiro e derradeiro compacto. O traballo 'Projecto Entropía' foi unha gravación en directo feita o 10 de marzo de 2001 no Café Cultural Auriense incluindo trece temas. Bate Certo xa non existe como grupo, aínda que na súa traxectoria amosouse coma un dos prestixiosos grupos de música tradicional da Galiza. Con 'Projecto Entropía' os músicos ourensáns pretenderon ser fieis á súa forma de concebir e manifestar a música en toda a súa traxectoria.

Composto polos músicos Marta Vázquez Meiriño, Carlos e Gelucho Pérez Paz, Xavier Paz Garza, Roberto de Andrés Iglesias, Francisco X. Gómez Cano e Iván Area. O grupo participou en festivais como Santo Estevo de Ribas de Sil, o Punteiro-rock de Vilanova de Lourenzá ou as Noites Folk do Castelo de Maceda.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar