Rumboia #44: Sobre Rodas

Rumboia #44: Sobre Rodas

Mar | 19:00 | 20:09

Sobre Rodas son dous músicos que levan dende o ano 2006 con esta formación, interpretan repertorio popular e propio baseado en cancións con acompañamento de  zanfona, ao xeito no que se interpretaba a música para este instrumento até principios do século XX. Luis Correa “O Carucho” (Vigo) é un referente no mundo da música popular en Galiza, revitalizando a interpretación de vellos romances. Carlos do Viso (Soutomaior) é un dos artesáns de zanfonas e de percusión tradicional con máis traxectoria de Galiza. O seu primeiro disco foi editado en xuño do ano 2012 e leva por nome 'Sobre Rodas'.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar