Rumboia #41: Vaamonde, Lamas & Romero

Rumboia #41: Vaamonde, Lamas & Romero

Mar | 20:00 | 20:11

En novembro de 2008 publicouse Vellas Artes, (Falcatruada, 2008), estrea discográfica do trío Vaamonde, Lamas & Romero. O trío está integrado por 3 músicos que levan anos colaborando conxuntamente en diversos proxectos, con experiencia docente e innumerabeis colaboracións con formacións diversas. Unha proposta musical, que ten sido alcumada de minimalista, onde sobre a base do acordeón diatónico de Romero camiñan a gaita e o saxo soprano para ir percorrendo temas entre os que hai espazo, e dun xeito moi equilibrado, para as composicións propias e as pezas tradicionais. No ano 2011 publicarían o seu segundo, e ata agora último traballo discográfico: Tambor de Prata (Fol Música).

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar