Rumboia #64: Sra. Carmen

Rumboia #64: Sra. Carmen

Mar | 20:30 | 20:42

Carmen Pérez Navazal, máis coñecida como a Señora Carmen, subiuse por primeira vez a un escenario cando xa pasaba dos 70 anos. Esta aventura comezou cun curso de canto popular, impartido por Uxía ás mulleres de Mos, de onde xurdiu Malvela, un grupo de cantareiras que editou o seu primeiro traballo en 2002. Publicado en 2007, o disco-libro-dvd 'Na flor dos meus anos' supuxo o seu primeiro álbum en solitario, xa con 82 anos. O cd contén once cancións nas que se escoita o pálpito do corazón da Señora Carmen ao ritmo das melodías que vai debullando con mestría e onde nos conta a súa vida dun xeito íntimo, mergullándose na Galicia que viviu de nena, en claro contraste coa actual, que latexa nos arranxos contemporáneos do disco.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar