Rumboia #144: Caldo y Os Rabizos

Rumboia #144: Caldo y Os Rabizos

Mar | 08:30 | 08:44

Caldo y Os Rabizos é un grupo de música con reportorio popular procendente de Eo-Navia. O grupo iniciou a súa traxectoria no ano 2015 está formado por cinco membros – Pepín de Muxalén (ao saxo), Andrés Rodríguez Monteavaro (na gaita), Marga Lorences (co acordeón), Ruma Barbero ( ao bombo) e Miguel Rodríguez Monteavaro (co redobrante). Nacen cunha filosofía clara: recuperar o protagonismo da música tradicional como punto de encontro e de celebración usando as ferramentas musicais tradicionais para animar as festas, romeirías, e outros eventos.

En 2019 publicaron o seu primeiro traballo, ‘A música tradicional del Eo-Navia’. Un traballo que inclúe quince cortes e no que se explora o arquivo da tradición musical das bandas de música de baile do territorio Eo-Navia.  Contou con colaboracions como a de Xosé Ambás ou Xisco Feijoó.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar