Rumboia #83: Xosé Manuel Budiño

Rumboia #83: Xosé Manuel Budiño

Mar | 20:30 | 20:44

En 1996 presenta, Xosé Manuel Budiño, o seu proxecto en solitario liderando a súa propia banda, coa que edita o seu primeiro traballo 'Paralaia' no ano 1997. En outubro de 1997 o disco Paralaia de Budiño foi elexido pola revista londinense Folk Roots (unha das máis prestixiosas revistas musicais do mundo) coma un dos cinco mellores discos do mes. A partir dese momento, e ata 2019, un total de 6 traballos discográficos recollen o bon facer deste gaiteiro de Moaña. Budiño iniciouse coa  gaita na escola de gaitas Semente Nova de Moaña. Participou da banda de gaitas Xarabal, e en 1991 fundou o grupo Fol de Niu colaborando posteriormente con diversas bandas. 

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar