Rumboia: Tiruleque

Rumboia: Tiruleque

Mar | 20:00 | 20:09

Neste ano 2018, Tiruleque presenta o seu terceiro traballo discográfico Outro que tal baila. Dez temas de composición propia e tradicionais, con arranxos do grupo, compoñen este disco que nos trae a frescura e calidade musical habitual no grupo coruñés. Tiruleque naceu como banda en 2002, ano no que se reuniron cinco rapaces procedentes da música tradicional e cunhas inquedanzas musicais compartidas. 

Na actualidade, o grupo está composto por Antón Bueno (contrabaixo), Álex Fente (acordeón), Luís García (bombo con pratos, percusións e coros), Miguel Horjales (caixa, percusión, coros), Serxo Núñez (clarinete, gaita, percusións voz), Fernando Román (Saxo, clarinete, trompeta) e José A. Vázquez, (gaita, saxo, percusións).

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar