Rumboia #151:  Comando Curuxás

Rumboia #151: Comando Curuxás

Mar | 20:30 | 20:14

Comando Curuxás nace alá polo ano 2017, cando tres amigos músicos comezan a darlle voltas á idea de formar unha nova banda. A intención era poñer en marcha unha murga, cun punto de modernidade, con armonías e arranxos actuais. Destas ideas iniciais naceu o grupo, que está formado por Alberto Núñez ao acordeón diatónico; Pablo Pardo «Pacior» na frauta traveseira de madeira e saxo soprano; Miguel Anxo López nas percusións; Pablo Pascual ao clarinete baixo e Serxio Núñez ao clarinete, pandeiro, gaita e voz.

O son de Comando Curuxás lembra ás antigas romarías e soa coa intención de que o público se divirta, que goce coa súa música e que baile. No entroido do ano 2020 os cinco integrantes de Comando Curuxás decidiron darlle vida ao seu primeiro traballo discográfico, levando o nome propio da formación.

Rumboia

Martes ás 19.00 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar