Rumboia #158: Sete Saias

Rumboia #158: Sete Saias

Mar | 20:30 | 20:40

Marta Quintana, a dúo con Clara Piñeiro, forman Sete Saias e apostan por unha renovación da música folk. O dúo xorde a partir do Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo, na aula de Arpa dirixida por Rodrigo Romaní. Entrelazan voces e arpas, xunto con outros instrumentos, dando preferencia a composicións tradicionais galegas, fonte principal de inspiración, pero sen descoidar a composición propia ou os arranxos e musicalizaciones de letras de grandes poetas, como Álvaro Cunqueiro ou Avilés de Taramancos.

O disco de 'Sete saias', do ano 2007,  conta con colaboracións de destacados artistas, tales como Rodrigo Romaní, realizando arranxos musicais e autoría dalgún tema; Xosé Manuel Budiño, Xosé Liz, Fernando Abreu, ou Xabier Magalhaes pintor portugués que realizou a gráfica do disco-.

Rumboia

Martes ás 19.00 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar