Rumboia #113: Abertal

Rumboia #113: Abertal

Mar | 08:30 | 08:42

Abertal é unha agrupación formada por alumnado das Escolas de Música e Baila Tradicional de A Rúa de Valdeorras, escolas fundadas no ano 1989 por iniciativa e baixo a dirección de Manoel Anxo Durán Blanco. Un colectivo cultural que tamén conta cunha agrupación coral dirixida por Durán. No ano 2001 publicou o seu primeiro CD baixo o título 'Abertal' e en 2009 saíu á  luz o seu segundo disco, 'No Forum Gigurrorum', que serviu en aquel ano, para conmemorar o 20 aniversario de Abertal. No ano 2019 cumpriuse o XXX aniversario de Abertal e presentouse o libro disco 'Co noso acento', que rememora os últimos 30 anos de historia desta agrupación do sur de Ourense.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar