Rumboia #70: Dómine Cabra

Rumboia #70: Dómine Cabra

Mar | 20:30 | 20:42

Dómine Cabra xurde en Ortigueira e no ano 2001 editan o seu traballo discográfico 'Luminaria'. A partir da música chamada celta ábrense a múltiples e variadas influencias que van desde a música rock á escala árabe. Apostan pola creatividade do pobo sen perder as súas raíces tradicionais. As gaitas, as guitarras eléctricas, as guitarras acústicas, as pandeiretas, os laudes e os asubíos únense para dar vida ás composicións deste grupo que está comprometido cunha música innovadora e moi persoal. Dómine Cabra forma parte daquel chamado boom do folk galego de finais dos anos 90, do que xurdiron centos de grupos ao longo de todo o país.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar