Rumboia #82: As Cantigas de Elena

Rumboia #82: As Cantigas de Elena

Mar | 20:30 | 20:44

As Cantigas de Elena é un proxecto que recompila melodías recollidas a Elena Alonso Pino (Toutón, 1 de xullo de 1928). Interpretado por Pipo Alvariño como guitarrista, María Vidal na voz, e Miryam González ao acordeón; neste traballo discográfico colaboraron tamén Francisco J. Feijoo 'Xisco' e o gaiteiro Pepe Vaamonde. O porpósito deste traballo é mostrar como eran as veladas musicais de Pipo Alvariño coa súa avoa Elena: unha voz, unha guitarra e un acordeón. Deste concepto parten os arranxos musicais, composicións e produción, que pretende transmitir a esencia do canto tradicional de Elena que tan ben representa a voz de María Vidal.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar