Rumboia #199: Faíscas do Xiabre

Rumboia #199: Faíscas do Xiabre

Mar | 19:00 | 19:10

O cuarteto Faíscas do Xiabre formouse en Catoira no ano 1972. Logo de 2 anos de estudio e ensaio decidiron presentarse ao concurso celebrado nas Festas da Ascensión en Santiago de Compostela, acadando o 2º premio ese ano, e o 1º premio no ano seguinte, no 1975. Estaba composto polos gaiteiros Xosé Vicente Ferreirós e Nando Casal, e polos percusionistas Moncho García Rei e Piri Vicente Lorenzo.

A traxectoria do grupo estivo marcada polo afán de difundir a nosa música tradicional sen aditamentos, o que foi posible grazas á sólida formación que os catro músicos poseen como intérpretes e ao espírito científico que preside a selección das obras. No 1978 participaron na primeira edición do Festival de Ortigueira e a comezos do 1979 publicaron o seu primeiro e único disco: 'In Memoriam', no que contaron coa colaboración de Antón Seoane e Rodrigo Romaní.  Pouco despois, tres dos membros de Faíscas do Xiabre uníronse a Seoane e Romaní para formar o grupo Milladoiro.

Rumboia

Martes ás 19.00 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar