Rumboia #118: Trece Lúas

Rumboia #118: Trece Lúas

Mar | 20:30 | 20:43

'Trece Lúas' foi un proxecto da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s un traballo audiovisual conformado por un CD e DVD. As lúas que compoñen o ciclo do ano, ou os doce meses do calendario; as lúas que dende tempos ancestrais foron guía da vida; as lúas que puxeron data aos traballos e tamén ás festas. "Trece Lúas" é unha proposta de lecer, para gustar da nosa música, aquela que sempre estivo aí e que neste disco se presenta dun xeito actualizado. Pero esta proposta vai moito máis alá. Como continuación da liña seguida en traballos editados anteriormente "O Quiquiriquí" e "Pelo Gato 24". Trátase dun material didáctico que pretenden axude en boa medida á difusión da nosa cultura. Participaron un grande número de músicos, cativos e cativas que deixaron un disco que xa é referente da música folcke galega.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar