Rumboia #58: Fía na Roca

Rumboia #58: Fía na Roca

Mar | 20:00 | 20:10

Fía na Roca xurde despois da desaparición de Xorima por algúns dos seus integrantes. A proposta de Fía na roca foi pioneira na actualización do folk galego. Pódese falar de dúas etapas na traxectoria do grupo: unha que abrangue os cinco primeiros anos da década dos noventa, reflectida nun traballo homónimo e autoeditado, no seu selo Corda Frouxa en 1993, que sorprendeu polas devanditas influencias arábigas e jazzísticas e onde a parte instrumental protagonizaba a música do grupo. Despois veu o paréntese que supuxo a saída de Quim Farinha e Quico Comesaña, enrolados no proxecto Berrogüetto, e a incorporación definitiva do ex-percusionista de Doa, Carlos Castro, antes colaborador, e que xunto aos veteráns Xosé Ramón Vázquez e Xabier Bueno compoñen a cerna desta nova etapa, que continúa hoxe, onde o número de integrantes medrou ate chegar a sete coa incorporación da cantante Sonia Lebedinski no terceiro disco, 'Contravento'. Antes apareceu 'Agardando que pase algo', (Resistencia, 1997), onde os trocos na formación non restaron calidade nin capacidade de experimentar á banda.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar